Amancio Ortega faise con 5% do rival de Reganosa por 281 millóns de euros

Amancio Ortega, fundador de Inditex, convírtese no primeiro accionista de Enagás, igualando a porcentaxe que ten SEPI.
Amancio é unha das persoas máis ricas de Europa. (Europa Press).
photo_camera Amancio Ortega, fundador de Inditex. (Arquivo / Europa Press)

Amancio Ortega, fundador de Inditex, acaba de  desembarcar no sector gasista, pero a elixida non é a galega Reganosa, senón a súa principal rival, Enagás. A operación, que supuxo un desembolso de 281,63 millóns de euros, canalizouse a través de Partler 2006, unha das filiais de Pontegadea, a patrimonial da familia Ortega. 

Segundo informou a compañía presidida por Antonio Llardén, Amancio Ortega subscribiu na colocación privada máis da metade dos 500 millóns de euros de aumento de capital realizado pola gasista para financiar a compra da estadounidense Tallgrass. 

Na operación, o fundador de Inditex adxudicouse 13,09 millóns de novas accións, representativas de 5% do capital da compañía. Iguala así a participación do até agora máximo accionista, a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), que ten outro 5%.

Comentarios