luns 06/12/21

Amancio Ortega vén de aflorar o seu patrimonio inmobiliario, que supera ao de grandes firmas do sector como Merlin ou Colonial. O Grupo Pontegadea, a través do que o empresario canaliza os seus investimentos,  gañou o pasado ano 1.778 millóns de euros, 14,7% máis, cun patrimonio inmobiliario valorado en 15.163 millóns de euros, o que o consolida como o principal operador do mercado inmobiliario español.

Pontegadea facturou o pasado ano 2.261 millóns de euros, 18% máis, dos que 1.640 corresponden aos dividendos de sociedades participadas ─fundamentalmente Inditex, da que controla 59.29%, máis tamén de Telxius e Enagás─ e os 621 millóns de euros restantes ao negocio inmobiliario.

O grupo, que tamén comprometeu 268 millóns de doazón a Fundación Amancio Ortega, investiu o pasado ano 2.065 millóns en adquisicións de novos inmóbeis, en liña co seu obxectivo de investir 2.000 millóns de euros. 

Os Estados Unidos de America (EUA) concentran os principais investimentos, entre os que destacan a compra dos complexos Troy Block e Arbor Blocks, en Seattle, e o 815 de Connecticut Avenue, en Washington D.C. En Europa, onde se atopa localizado 61% da súa carteira, tamén realizou compras, sendo especialmente relevante a do edificio que alberga a sede de The Post.

Segundo explica o Grupo Pontegadea nas súas contas, "non se teñen identificado efectos adversos significativos, aínda que este factor podería afectar potencialmente a ingresos por arrendamento e dividendos. De feito Inditex xa anunciou unha rebaixa de 60% do seu dividendo, o que impactará directamente nas contas da patrimonial de Amancio Ortega.

Reordenación societaria

Con posterioridade ao feche do exercicio, Pontegadea realizou varias operacións societarias para simplificar a súa estrutura. Neste senso, a filial Pontegadea España absorbeu a sociedade Grilse, propietaria de activos inmobiliarios no Estado español, igual que fixo Pontegadea Inversiones coa súa filial Pontegadea 2015, que ostenta as participacións financeiras. 

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Por outra banda, realizou unha escisión parcial de Pontegadea Inversiones en favor da nova sociedade Pontegadea GB 2020, que agrupa os activos inmobiliarios en Reino Unido.

Amancio Ortega aflora un patrimonio inmobiliario de máis de 15.000 millóns de euros
comentarios