Altri quere axudas especiais para o seu proxecto en Palas de Rei e confirma Greenalia como socio

A empresa portuguesa Altri defendeu o seu proxecto para instalar en Palas de Rei a primeira fábrica de fibras téxtiles do Estado español, e segunda de Europa
Directivos de Altri e Greenalia xunto a autoridades da Xunta (Foto: David Cabezón / Xunta da Galiza).
photo_camera Directivos de Altri e Greenalia xunto a autoridades da Xunta (Foto: David Cabezón / Xunta da Galiza).

A empresa portuguesa Altri defende que o seu proxecto para instalar en Palas de Rei (comarca da Ulloa) a primeira fábrica de fibras téxtiles do Estado español, e segunda de Europa, debería ser merecedor dun Proxecto Estratéxico para a Transformación e Recuperación Económica (Perte) específico dado o "importante" investimento que carrexa, aínda que, tras manter conversacións co Goberno estatal, admitiu que o ve difícil.

En todo caso, ficaría aberta a vía de "encaixar" o proxecto noutros Pertes ligados aos fondos 'Next Generation', aínda que dada a dimensión do mesmo, supón "todo un reto".

Aínda así, mantén "a esperanza" e ratificou o calendario: espera ter información sobre o financiamento antes de que acabe o ano e, despexado ese panorama (a firma busca axudas por máis de 200 millóns), “nun par de meses" aprobaríase o proxecto.

Segundo este cronograma, na primeira metade do ano 2023 podería ficar despexado o futuro do proxecto de Altri

Acordo con Greenalia

A compañía lusa tamén sonda a incorporación de socios locais e xa se fechou un acordo con Smarttia, empresa propiedade de Manuel García Pardo, principal accionista de Greenalia.

Así o ratificou o vicepresidente do comité executivo de Altri, Carlos Van Zeller, en declaracións aos medios no marco da 'I Xornada Divulgativa sobre ou labor de Impulsa Galicia', sociedade na que participan Xunta, Abanca, Sogama e Reganosa, e que aspira a captar investimentos.

"Para nós é un orgullo participar de forma activa nun dos proxectos máis transformadores da economía galega e nacional, con clara proxección internacional. Estamos seguros de que esta iniciativa será todo un referente mundial en innovación e sustentabilidade, trasladou Manuel García.

Comentarios