Altia anuncia a compra da firma lusa Noesis por 14 millóns de euros

A galega Altia, presidida por Tino Fernández, anuncia a adquisición de Noesis, unha firma que lle permite ampliar mercados e a súa base de clientas. 
Sede Altia en Oleiros.
photo_camera Sede Altia en Oleiros.

A consultora tecnolóxica Altia, dirixida por Tino Fernandez, o ex presidente do Deportivo, ven de anunciar o acordo acadado para a adquisición da portuguesa Noesis por 14,075 millóns de euros, una operación coa que amplía tanto a súa presencia xeográfica como a carteira de servizos e solucións que ofrece, segundo informou a firma con sede en Oleiros ao Mercado Alternativo Bursátil.

Noesis é unha consultora tecnolóxica internacional que presta servizos a través das súas instalacións de Portugal, Países Baixos, Irlanda, Brasil e Estados Unidos aos seus máis de 300 clientes, entre os que se atopan as principais compañías lusas do sector das telecomunicacións, a banca e o comercio minorista. A compañía recentemente adquirida ten preto de 900 empregados e unha cifra de negocio consolidada de 38 millóns de euros en 2018. A firma está especializada no desenvolvemento de aplicacións 'low code', 'quality assurance', solucións 'agile' e analítica de datos, que supoñen un complemento aos servizos que presta Altia na actualidade.

Como sinala o propio Tino Fernández, "a compra de Noesis enmárcase na nosa estratexia global de crecemento para o ano 2020 e supón para Altia unha ampliación territorial, chegando a novos países nos que até agora no operabamos" Ademais, apunta, sitúa a firma galega "nunha posición de maior recoñecemento e de maior proxección internacional".

Proceso de integración

Polo momento, as dúas compañías seguirán a operar de xeito independiente o vindeiro ano, se ben, como apuntan desde Altia, traballarase "intensamente" en integrar a oferta comercial e os procesos clave, financeiros e de información ao mercado, así como en reforzar a situación financeira de Noesis após o gran esforzo que fixo a firma lusa na sua expansión. 

Comentarios