Almunia confirma que o naval ten que devolver o 'tax-lease'

O comisario da Competencia confirmou que hai que devolver o 'tax-lease'. Perto de 2.800 millóns de euros. O sector naval galego entende que é un paso máis cara a súa defunción. Esta tarde, ás 20:30, hai unha manifestación en Vigo

Almunia
photo_camera Almunia

Joaquín Almunia, comisario da Competencia, confirmou que o naval vai ter que devolver as bonificacións fiscais, o 'tax-lease'. Fíxoo nos almorzos de Nova Economía Forum. O vindeiro 17 de xullo será a decicisón efinitiva a este respecto. Mais o anunciado or Alumnia deixa pouca marxe á esperanza. Se ben o comisario indica que estarán exentos de devolver o 'tax-lease' os estaleiros, non así os armadores e investidores. O que nunha economía tan relacionada supón, como indican desde Pymar, un durísimo golpe para todo o sector.

Os servizos de Competencia da UE son partidarios de que o sector devolva todas as axudas concedidos desde 2005, o que implica o 98% d total. Por volta de 2.800 millóns de euros. O RIP para o naval galego, como alertan desde o propio sector. Considera que Almunia decantouse por Holanda e os seus intereses fronte o naval de Galiza e resto de Estado español.

Mobilización

Os sindicatos CIG, CCOO e UGT convocaron unha nova mobilización en defensa do sector naval na Ría de Vigo, protesto que decorrerá esta quinta feira, 27 de xuño. Nesta ocasión, a marcha partirá de Vía Norte ás 20.30 horas e rematará diante da delegación da Xunta na cidade.

Comentarios