Almunia quer obrigar ao naval devolver o 95% das axudas do 'tax-lease'

A proposta do comisario da Competencia, que será votada esta cuarta feira en Bruxelas, suporía a defunción do naval galego, alertan do sector. Terían que devolver perto de 3.000 millóns de euros

@calveiro
photo_camera @calveiro

O colexio de comisarios da UE ten esta cuarta feira unha reunión crucial para o sector naval. Sobre a mesa, a proposta de Joaquín Almunia, comisario da Competencia, sobre o 'tax-lease'.. Os servizos de Competencia da UE son partidarios,segundo desvelou o Faro de Vigo, de que o sector devolva todas as axudas concedidos desde 2005, o que implica o 98% d total. Por volta de 2.800 millóns de euros. O RIP para o naval galego, como alertan desde o propio sector.

Os estaleiros inciden en que, en declaracións recollidas por Faro, Almunia decantouse por Holanda e os seus intereses fronte o naval de Galiza e resto de Estado español.

Mobilización

Os sindicatos CIG, CCOO e UGT convocaron unha nova mobilización en defensa do sector naval na Ría de Vigo, protesto que decorrerá esta quinta feira, 27 de xuño. Nesta ocasión, a marcha partirá de Vía Norte ás 20.30 horas e rematará diante da delegación da Xunta na cidade.


 

Comentarios