Alertan do feche de 50% granxas pola nova norma de xurros

A asociación de gandeiras e gandeiros Agromuralla exixe a "revisión da normativa".
Comuneiras de Pinzás xunto coas vacas vienesas (Foto: Gustavo Rivas)
photo_camera Comuneiras de Pinzás xunto coas vacas vienesas (Foto: Gustavo Rivas)

A nova norma sobre control dos xurros nas explotacións gandeiras está a ser moi criticada desde colectivos agrarios polos prexuízos que pode traer para as granxas pequenas..

A asociación de gandeiras e gandeiros Agromuralla exixe nun comunicado a "revisión da normativa" e mais a aprobación dun "Plan de axudas directas" que permitan ao sector adaptarse á nova regulación sen que os custos aparellados que leva consigo o seu cumprimento supoña "o fechamento de moitas pequenas explotacións".

O seu presidente, Roberto López, asegura que o novo decreto sobre fertilización que quere aprobar o Goberno español implica "unha xarra de auga fría" para o sector agrogandeiro galego e alerta das súas consecuencias para as pequenas explotacións, tanto de leite como de carne.

"Se o Real Decreto se leva a cabo o día 1 de xaneiro tal como está redactado a día de hoxe", asegura López, "case poderiamos asegurar que un 50% das pequenas explotacións da Galiza fecharán”.

Desde Agromuralla cren que “é inviábel en moitos casos cumprilo, pola orografía do noso territorio, e porque para moitas pequenas explotacións vai resultar economicamente inasumíbel poder adaptar os seus equipos aos novos sistemas de aplicación do xurro", dixo.

Plan de axudas 

Agromuralla reclama que se poña en marcha un plan de axudas, sufragado tanto polo Ministerio como pola Xunta da Galiza, para facilitar ás explotacións a adaptación á nova normativa.

"Consideramos que as axudas non deben ser inferiores ao 50% do custo dos aplicadores dado que se nos impón". Eses custos poderían chegar aos 100 mil euros caso de ter que mercar cisternas novas para as instlacións gandeiras que precisen adaptarse á norma.

Comentarios