Alertan de que a Axencia Tributaria Galega implicaría o peche de 42 oficinas liquidadoras

A ATG suporía unha centralización de servizos que, sinalan @s implicad@s, xa se amosou fanada nos '90 en experiencias semellantes en Madrid ou Extremadura

A creación da nova Axencia Tributaria Galega, segundo a proposta elaborada pola Xunta de Feijóo, suporía o peche de até 42 oficinas liquidadoras (OL) na Galiza, cuns prexuízos salientábeis para a poboación do rural, segundo denuncian @s propios implicad@s.

Este colectivo afírma que a proposta do goberno galego supón unha variación importante na xestión destas oficinas "trasladándoa a só cinco Departamentos territoriais, a pesar de que esta proposta levada a cabo anteriormente noutras Comunidades como Madrid e Extremadura durante a década dos '90 resultou un fracaso total, estando actualmente pendentes da firma dun novo convenio para volver a recuperalas. Tamén se retiraron na Comunidade Balear causando un atraso de cento corenta mil expedientes".

Nun comunicado, sinalan que o peche destas oficinas pode causar o despedimento do 30% das persoas empregadas dos Rexistros da propiedade, uns 800 en toda Galiza, que directa ou indirectamente prestan servicios nas Oficinas liquidadoras. E afirman que "todos os cidadáns se verían afectados, xa que debido á dispersión poboacional galega, a maioría terían que contratar xestores ou desprazarse as capitais de provincia, ocasionando un incremento dos seus gastos.

Moción do BNG

O pleno municipal de Cerdido aprobou por unanimidade unha moción do BNG contra o peche das OL. de Ortigueira e Ferrol. O alcalde de Ortigueira, aínda non se pronunciou sobre o asunto.

Comentarios