AGE recórdalle a Currás que evitar a venda de preferentes era competencia da Xunta

Denuncian que o Executivo “mirou para outro lado mentres se perpetraba a estafa das preferentes e subordinadas”.

Marta Fernández Currás, ex-conselleira de Facenda
photo_camera Marta Fernández Currás, ex-conselleira de Facenda

A Xunta tiña competencias para ter evitado a comercialización de preferentes entre os aforradores galegos. Así o considera AGE nun comunicado onde acusa a exconselleira de Facenda, Marta Currás, de silenciar interesadamente esta cuestión.

O grupo político recórdalle á Xunta a responsabilidade imposta polo decreto lexislativo 1/2005, referente ás caixas de aforros, de “controlar e inspeccionar ás caixas así como a vixiancia da administración do aforro privado”.

Denuncian que o Executivo galego “mirou para outro lado mentres se perpetraba a estafa das preferentes e subordinadas”, en relación as declaracións de Currás, que afirmou durante a comisión de investigación que as funcións da Xunta se limitaban só a controlar os acordos societarios.

Comentarios