UNHA ESCOLMA DO PAPEL

O aforro galego fornece de créditos ao resto do Estado

@s galeg@s tiñamos en depósitos bancarios a finais de 2013 máis de 56.200 millóns de euros. Por contra, os bancos prestaron no noso país pouco máis de 53.000 millóns. A diferenza, 4.000 millóns, foi para créditos noutros territorios.

Screen Shot 2017-06-01 at 11.02.44

Galiza é a despensa de aforro que os banos utilizan para aprovisionar de liñas de préstamos outros territorios do Estado español. Ou, por dicilo en palabras do analista Carlos Neira Cortizas, "os galegos somos fornecedores netos de crédito para outras comunidades autónomas". Vitimismo ou realidade? Os dados sinalan que nos últimos anos, e malia o contexto da forte crise económica, na Galiza houbo un desfase máis que considerábel entre o aforro depositado pol@s galeg@s en contas bancarias e os préstamos e créditos que estas entidades concederon no noso país.

Screen Shot 2017-06-01 at 11.02.54Os propios dados do Banco de España avalan esta afirmación: a finais de 2013 os depósitos d@s galeg@s en bancos superaron os 56.200 millóns de euros. Mais os créditos concedidos a esa altura no noso país andaban polos 53.000 millóns. Hai, pois, un desfase de máis de tres mil millóns de euros, uns cartos que, como sinalan os analistas e economistas, "non fican no limbo, van a algures". E a onde? A resposta é clara: van en forma de créditos a outros territorios do Estado.

Tendencia preocupante

A parlamentar do Bloque no Congreso español, Olaia Fernández Davila, expuxo no Debate sobre o Estado este problema. "Afirmei que durante o periodo de crise económica e reestruturación bancaria aumentaron os depósitos en Galiza, mais lonxe de se traducir isto nun incremento do crédito, este reduciuse fortemente".

Unha afirmación que avala o profesor de Economía financeira na Universidade de Vigo, Francisco Xavier Martínez, cando afirma que "Galiza é a autonomía onde se destruiu máis crédito na crise". Malia que foron aumentando os depósitos.

Desigualdade

Screen Shot 2017-06-01 at 11.02.53A mediados de 2013, segundo os dados do Banco de España, Galiza representaba 4,59% dos depósitos bancarios de todo o Estado español. Malia o noso país só supoñer 3,4 por cento no crédito concedido polas entidades bancarias. Unha fenda para nada insignificante. De feito, Galiza é a terceira autonomía con peor balance neste sentido.

"Este país, Galiza, sé tradicionalmente aforrador. E fornece así ás entidades bancarias duns depósitos que empregan para subministrar créditos a outros territorios do Estado, principalmente Andalucía e a fachada Mediterránea".

Non pode haber recuperación económica sen fluxo de créditos e préstamos ao tecido produtivo. "Non deberiamos esquecer iso", salienta Martínez.

Esta reportaxe apareceu no Sermos87, publicado a 6 de marzo de 2014

Comentarios