Afectad@s polas preferentes manteñen o pulso a bancos e goberno

Compostela acollerá este sábado unha nova manifestación nacional de afectad@s "contra o calote e á expropiación" dos seus aforros. Entrementres seguen os actos e protestas polas diferentes cidades e vilas da Galiza
Concentración de afectad@s polas preferentes
photo_camera Concentración de afectad@s polas preferentes

Este sábado, 22 de setembro, a partir das 11:30 e na Alameda de Compostela, @s afectad@s polo calote das preferentes e subordinadas teñen unha nova cita. Unha manifestación nacional con que lembrar a entidades financeiras e goberno que seguen aí e non están dispost@s a que lles "rouben"  os aforros de tantos anos. 

Baixo a palabra de orde de "Estafad@s polos bancos, Expoliad@s polo goberno", @s afectad@s exixirán, máis unha vez, a devolución do 100% dos seus aforros e emprazarán o goberno a dar unha solución ao problema que atinxe a milleiros de galeg@s. "Contra o calote e a expropiación", manteñen os convocantes da mobilización, á que acudirán persoas de diferentes comarcas da Galiza.

A arbitraxe xa reuniu 16.000 solicitudes. Mais Novagalicia Banco (NGB), entidade á que pertencen a metade do total de afectad@s na Galiza (pola volta de 90.000), rexeita someterse á arbitraxe en 3 de cada 4 casos.

Mobilizacións permanentes

Mais as mobilizacións dos e das afectadas non se reducen a grandes convocatorias nacionais, senón que case todos os días hai algún pequeno acto ou protesta destes colectivos e plataformas en concellos do país. Así, e por poñer un exemplo, esta quinta un grupo de afectad@s volveron concentrarse en Compostela perante a sede do Instituto galego de consumo para denunciar a súa situación.

Negocio

Cómpre lembrar que a solución preferida por NGB e Xunta para intentar tapar este escándalo é a arbitraxe. A CIG-administración xa  denunciou hai uns días que o persoal posto a dedo para tramitar a arbitraxe, "entre eles altos cargos da Xunta", están a obter uns bos pecunios pola tarefa, entrementres se destina a bolseir@s sen formación a traballar para Consumo facendo tarefas administrativas nas preferentes, algo que non lle corresponde

Comentarios