Adicae alerta que 5.300 familias están en risco de ser botadas do seu fogar a petición da banca

A asociación pide unha moratoria que evite estes procesos de execución hipotecaria

desafiuzamento despexo
photo_camera desafiuzamento despexo

A Asociación de usuari@s de bancos, caixas e seguros (Adicae) denuncia que 5.300 familias están en Galiza en risco de perser a súa vivenda e dun posterior desafiuzamento ou expulsión da morada. Adicae dá estes datos tras analizar cifras do Consello Xeral do Poder Xudicial sobre demandas presentadas pola banca en Galiza.

Adicae insiste na necesidade urxente de aprobar unha moratoria que impida estes procesos de execución hipotecaria e abra as portas unha lexislación “xusta” e en “sintonía” coa normativa europea.

“Cada vez máis familias entran en impago como consecuencia directa das abusivas cláusulas-solo”, afirma Adicae. A asociación ten varias demandas contra esta cláusula, que cualifican de abusiva.

Cómpre lembrar que xa a finais de 2012, O Consello xeral do poder xudicial contabiliza ao día 17 desafiuzamentos na Galiza, o que suporía unhas 50 persoas. Estímase que cada un afecta, de media, tres persoas. Entrementres os datos do goberno español din que no país hai 38 mil vivendas sen estrear

Comentarios