O Parlamento galego aproba pedir ao Estado a cesión dos impostos aos depósitos da banca

O Parlamento aprobou que a Xunta pide ao goberno central que ceda a Galiza o imposto estatal sobre os depósitos de entidades bancarias. Permitiría recaudar, sinalan desde ooposición, por volta de 50 millóns de euros anuais

O diñeiro negro vai en aumento no Estado
photo_camera O diñeiro negro vai en aumento no Estado

A Comisión de Economía do Parlamento aprobou esta semana unha proposición non de Lei presentada polo grupo socialista para que a Xunta lle pida ao goberno central que ceda a Galiza "o imposto estatal sobre os depósitos das entidades bancarias". Desde as filas socialistas ironizouse co feito de que “ten que ser a oposición a que lle diga ao goberno qué vías ten que aplicar para acadar financiamento”.

O portavoz de Facenda do grupo socialista, Juan Carlos González Santín, dixo que esta medida permitiría recadar en Galicia arredor de 50 millóns de euros para que a banca, “unha das grandes culpables da crise, contribúa a saír dela”.

Aliás, xxplicou que o ministro de Facenda aplicou un tipo impositivo do 0,2 por cento logo de ter aprobado este imposto a un tipo do 0 por cento “para impedir que o fixeran as comunidades autónomas”.

Na posposición dise que o goberno galego fará esta demanda na reunión do Consello Económico e Financieiro das comunidades autónomas

Comentarios