Abanca levará 100 millóns de euros pola venta de Caser a Helvetia

A entidade presidida por Escotet asina, xunto con Bankia, CaixaBank e Covéa, un acordo de exclusividade coa aseguradora Helvetia para a venda conxunta da súas participación en Caser.
Sede de Caser Seguros (Europa  Press)
photo_camera Sede de Caser Seguros (Europa Press)

Abanca está a piques de vender a súa porcentaxe na aseguradora Caser, que é de 9,99%, froito das participacións das antigas caixas de aforro galegas. O importe da operación, aínda por concretar, podería superar os 1.000 millóns de euros, polo que a entidade presidida por Juan Carlos Escotet embolsaría preto de 100 millóns de euros. 

Esta sexta feira, Abanca, xunto con CaixaBank, Bankia e Covéa, anunciou a sinatura dun acordo de exclusividade coa aseguradora Helvetia para fechar a negociación da súa participación na firma de seguros.  

Abanca conta coa menor participación, xa que Covéa, accionista maioritario ostenta 20%, Bankia 15% e CaixaBank 11,51%. 

O período de negociación en exclusiva estenderase catro semanas, nas que Helvetia terá acceso a máis información do negocio para perfilar unha oferta final sobre a aseguradora, a que se poderían sumar o resto de accionistas, entre os que se atopan entidades como Ibercaja, Liberbank ou Unicaja, entre outros. 

Comentarios