Abanca gaña no primeiro semestre máis de 250 millóns de euros

O volume de negocio supera os 78.000 millóns de euros. Captou nestes seis meses 50.000 novos e novas clientes.

abanca

Abanca fechou o primeiro semestre deste ano cuns beneficios de 250,1 millóns de euros, un aumento de 1,26% a respecto dos primeiros seis meses do ano anterior. Un resultados que a propia dirección do banco non dubida en cualificar de “históricos”. As caixas galegas vendéronse a Banesco en decembro de 2013 por mil millóns de euros. Desde entón e até hoxe, Abanca obtivo beneficios duns 2.800 millóns de euros.

O balance da entidade recolle por primeira vez o efecto da recente integración de Deutsche Bank PCB Portugal, o que sitúa o seu volume de negocio en case 80.000 millóns de euros á espera de finalizar a integración de Banco Caixa Geral, que Juan Carlos Escotet agarda que supoña engadir outros 7.000 millóns de euros. Após integrar Deutsche Bank Portugal, sitúase como décima entidade do mercado portugués tanto por recursos de clientes como por crédito

Tamén a nova produción de seguros crece un 7,4%, impulsada, de acordo co banco que preside Juan Carlos Escotet, pola innovación e as capacidades tecnolóxicas.

Pola súa banda, a taxa de morosidade encadea 21 trimestres consecutivos de redución e baixa ao 3,3%, cunha cobertura do 57,1%.

Comentarios