domingo 27/09/20

Abanca gaña 133 millóns no primeiro semestre, un 47% menos

Dedicou 163 millóns a provisións.

Presentación de resultados (Foto: Abanca)
Presentación de resultados (Foto: Abanca)

Abanca obtivo un beneficio de 133,1 millóns no primeiro semestre de 2020, o que supón un 46,8% menos que no mesmo período de 2019 -foron 250,1 millóns por entón-, tras realizar unha dotación por valor de 163 millóns para facer fronte ao impacto do coronavirus.

En presentación de resultados por videoconferencia, o presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, destacou que a entidade conta "cun sólido perfil financeiro para afrontar o entorno Covid", con "robustos niveis" de capitalización, liquidez e cobertura, así como a "máxima calidade" de activos.

Segundo destaca a entidade, Abanca obtén un crecemento do 56,1% na marxe antes de provisións. Mentres, os ingresos recorrentes continúan á alza (+15% de marxe básica) e mantéñense como alicerce da rendibilidade.

A taxa de morosidade sitúase no 2,7% e posiciona a Abanca como entidade líder por calidade de activos. Ademais, a taxa de cobertura de activos dubidosos crece ata o 66,2%, a máis elevada do sector.

Mentres, o volume de negocio crece un 12,8% ata os 88.693 millóns de euros, con notábeis crecementos en créditos e depósitos.

comentarios