Abanca compra a rede minorista de Deutsche Bank en Portugal

Faise así con 41 oficinas e 300 empregados

deutsche bank banco economia finanzas

Abanca comprou a rede de Deutsche Bank en Portugal, a unidade de banca de particulares especializada no segmento de banca persoal e privada, segundo informou a entidade. Son 41 oficinas comerciais distribuídas polo país luso, principalmente en Lisboa e Porto, das que catro son centros de investimento e dúas oficinas de banca privada.

A filial portuguesa de Deutsche Bank conta cunha carteira crediticia bruta de 2.400 millóns de euros, 1.000 millóns de euros en depósitos e 3.100 millóns de euros fóra de balance, co que o seu volume de negocio ascende a 6.500 millóns de euros, segundo informou Abanca á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

Comentarios