Abanca obtivo en 2022 uns beneficios 40% superiores aos do ano anterior

A corporación supera os 111.000 millóns de volume de negocio, incluída a recente adquisición de Targobank.
Sucursal de Abanca en Madrid. (Foto: Europa Press)
photo_camera Sucursal de Abanca en Madrid. (Foto: Europa Press)

Abanca obtivo un beneficio de 217 millóns de euros en 2022, o que supón 40,7% máis, en termos recorrentes, que no exercicio anterior, unha cuestión que a entidade achaca ao "bo" comportamento do negocio e ao control do custo do crédito.

Ademais, supera os 111.000 millóns de volume de negocio, incluída a recente adquisición de Targobank.

A isto únense 110.000 altas de clientes durante 2022, a maioría fóra da Galiza.

Mentres, a cociente de capital total sitúase en 16,4%, cun colchón de 1.400 millóns sobre requisitos regulatorios.

Informe da EBA

Este comunicado da entidade contrasta co informe da Autoridade Bancaria Europea (EBA) que situou Abanca cunha ratio de capital CET1 fully leaded de 12%. As cifras refírense a anualidade de 2022 e elaboráronse con datos recollidos na última metade de 2021.

A  ratio de capital CET1 é o indicador de referencia para medir a fortaleza financeira dunha entidade de crédito. O mesmo fíxase marcando uns niveis mínimos de capital en función dos riscos de cada entidade.

Segundo estes datos, Abanca só supera en solvencia no Estado a Bankiter, que rexistra unha ratio de capital CET1 de 11,7%.

Ao tempo, a entidade propiedade do grupo venezolano Banesco, presenta un solvencia de 12%,  0,3 puntos inferior á media do Estado e 3 puntos inferior á media das entidades da Unión Europea.

Comentarios