luns 26/10/20

Abanca acada un beneficio de 405 millóns de euros en 2019, 6,7% máis

O negocio con clientas supera os 85.000 millóns de euros, 23% máis, após a integración de Deutsche Bank en Portugal e as oficinas españolas de Banco Caixa Geral.
Oficina de Abanca en Vigo (Abanca).
Oficina de Abanca en Vigo (Abanca).

A integración de Deutsche Bank e Banco Caixa Xeral permitiu a Abanca elevar 6,7% o seu beneficio neto en 2019, até os 405 millóns de euros. Tamén incrementar o seu volume de negocio, que supera xa os 85.000 millóns de euros, 23% máis que en 2018, e sumar 425.000 novas clientas. 

Segundo os resultados presentados esta terza feira polo presidente da entidade, Abanca logrou mellorar 5,8% a súa marxe básica o exercicio pasado gracias á mellora da marxe de intereses en 2,4% pola actividade minorista, e de 16,6% no caso dos ingresos por prestación de servizos, especialmente relevante na produción de seguros xerais, que aumentou 18,7%. 

Xunto a este incremento da actividade, a entidade rexistrou en 2019 un novo descenso no seu nivel de saldos morosos cifrado en 5,6%, o que sitúa a taxa de morosidade en 2,8%, 33% por baixo da media do sector no Estado español. Ademais, a entidade galega é a primeira por cobertura de activos improdutivos, cunha taxa de 58,8%. A taxa de cobertura da morosidade sitúase en 57,5%, mentres que a de adxudicados é de 60,4%, datos que o sitúan como un dos bancos máis saneados do sistema financeiro español.

comentarios