A xustiza suspende cautelarmente os 97 traslados de Unisono a Madrid

O Xulgado do Social número 3 de Vigo acordou a suspensión cautelar dos traslados unilaterais acordados por Unínoso, por considerar que pode vulnerar o dereito á tutela efectiva 

As traballadoras e os traballadoras de Unisono en Vigo afectados pola decisión da empresa -coa complicidade de Orange- non terán que trasladarse a Madrid ou pedir a rescisión de contrato despois de que o xulgado ditase medidas cautelares. Dende a Sección Sindical da CIG, que xa pedira no seu informe a suspensión cautelar da medida, a valoración “non pode ser máis positiva. Gran parte das afectadas son persoas con fillos/as menores de 8 anos, con cargas familiares, e incluso coidadoras con persoas dependentes ao cargo”.

Porén, a CIG mantén o seu calendario de mobilizacións contra a decisión da empresa e o vindeiro 14 de maio está prevista unha nova concentración diante de Unísono.

Comentarios