A Xunta promete apoio económico a Pescanova horas despois de subir un 40% o comedor escolar

A Xunta vén de reiterar que se Pescanova llo pide, "terá todo tipo de axuda" tanto "económica como institucional". Compromiso expresado unhas horas após que o propio Feijóo xustificase o copagamento en comedores escolares porque "os parados non teñen por qué financiar o menú dos fillos dos que traballan". Mais semella que si que poden financiar o rescate de multinacionais
Pescanova
photo_camera Pescanova

O primeiro consello de Pescanova após a petición de preconcurso de acreedores pechou en falso: Coas contas de 2012 sen aprobar. E Fernández de Sousa mantense como presidente da empresa, mais ao longo das oito horas de xuntanza ficou patente a división no seo do consello, co segundo e terceiro accionista (Damm e Luxempart) a pedir a súa revocación.

Pescanova, iso si, acordou, por unanimidade, “ratificar a liña de reestruturación da súa política financeira”, ficando por ver en qué se conreta iso. Nesta sexta,  reuniranse en Madrid o medio cento de bancos e entidades acreedoras para tentar atinxir unha postura común en torno a renegociar a débeda de Pescanova, que podería rondar os dous mil millóns de euros.

Aliás,nestas horas coñecíase que Fidelity International Limited, un fondo de investimento situado en Bermudas pero xestionado desde unha pequena cidade tejana de Kingswoodde Texas informou da súa entrada como accionista no capital da multinacional. Compromou un 1% da empresa ao adquirir 23.000 accións

O flanco institucional, cuberto

Mais no medio desta treboada económico-financeira, o presidente da multinacional con sede en Chapela ten un aliado, a Xunta de Galiza. Se ao inicio da crise desde o goberno galego se dixera que ían axudar a Pescanova, sen máis concreción, esta quinta a Xunta reiterou e ampliou ese apoio: "Terá todo tipo de axuda, tanto económica como institucional".

Unhas declaracións que, aliás, se fixeron horas despois de que Feijóo xustificase o repagamento nos comedores escolares porque os parados non tiñan por qué financiar o menú dos fillos dos que traballan. Semella, logo, que @s desempregad@s si poden financiar o rescate de multinacionais en dificultades económicas.

Fraga xa rescatou Pescanova 

A mediados da década dos 90, Pescanova atopábase nunha situación de dificultade, tamén acuciada polas débedas (aínda que non tantas como agora). Había o risco de que a empresa caese en mans foráneas, polo que a Xunta de Manuel Fraga iniciou unha operación de rescate que implic40mou a catro consellarías e comprometeu a maior parte do orzamento do Igape. Máis de 40 millóns de euros foron movidos por Fraga para impedir que Pescanoca fose a mans da holandesa Unileven.

Comentarios