A Xunta non quer que tramite reclamacións das preferentes persoal que non sexa de confianza

CIG-administración denuncia que máis dun terzo do persoal que traballa no Instituto Galego de Consumo son asistencias técnicas. "Apártase ao persoal funcionario que non é de confianza de temas políticamente sensíbeis como a tramitación de expedientes das preferentes"

No Instituto Galego de Consumo, no que traballan 28 empregad@s públicos, hai entre 15-16 asistencias técnicas. Asó o denuncia a CIG-administración. A central sindical nacionalista afirma que se afasta ao persoal funcionario que non é de confianza de temas políticamente sensíbeis como a tramitación de expedientes das preferentes.

A xestión ordinaria e información sobre as reclamacións e arbitraxes das efíxoa nun primeiro momento Eulen, "onde traballa de apoderada a irmá de Feijóo", e despois SERVIGUIDE, mediante encadeamento de varios contratos menores. Nestes contratos aparece unha anulación, unha declaración de deserto e unha adxudicación final de 3 meses por 40.000€ nun contrato menor formalizado o 1 de marzo.

A CIG indica que 14 de xuño publícase no DOG un anuncio de contratación urxente de servizo de apoio á tramitación de expedientes de arbitraxe de consumo relacionados coa comercialización das participacións preferentes e obrigas subordinadas. O importe deste novo contrato sería de 150.593,94 € sen IVE e o prazo de execución sería de 9 meses. "Un prazo de execución de 9 meses cando se supón que os traballos de arbitraxes rematarán a mediados de agosto!?". 

Comentarios