A venda do Banco Gallego ao Sabadell “a peor opción para manter o emprego”, segundo a CIG

A central lembra que o Sabadell aplicou un ERE salvaxe para o persoal procedente da CAM cando adquiriu esa entidade

 

Banco Gallego

O Goberno do Estado a través do FROB decidiu a adxudicación do Banco Gallego ao Banco Sabadell. Malia que as condicións impostas na resolución ordenada do Banco Gallego non foron comunicados á representación sindical. “Estamos convencidos que se optou pola peor opción en materia de emprego”, indican desde CIG-Banca

Clodomiro Montero, secretario nacional da CIG-Banca sinala que se perde así unha nova empresa galega, nomeadamente no sector financeiro, dentro do proceso de concentración e centralización impulsado polo Goberno. Denuncia ademais as consecuencias deste proceso para o tecido produtivo, e polo tanto para a economía e o emprego en Galiza que, alerta, “irán máis ala da propia reestruturación do banco”.

Lembra, aliás, que o Banco Sabadell xa foi o beneficiario da poxa da CAM (Caja de Ahorros del Mediterraneo), onde impulsou un ERE salvaxe para o persoal procedente desta entidade.

Comentarios