A UE di que España non lle notificou “formalmente” o proxecto de dique flotante para Ferrol

A Comisión europea afirma que desde Estado español non se notificou formalmente este proxecto para ser avaliado. Xunta e Madrid indicaron no seu momento que o dique non se facía por veto da UE

A Comisión europea acaba de sinalar que nunca se lles notificou formalmente o proxecto de construír un dique flotante en Ferrol. Isto bota por terra as escusas de Xunta, Sepi e Madrid de que a infraestrutura non se facía polo veto de Bruxelas. O proxecto para a construción dun dique flotante en Ferrol non foi notificado oficialmente á Comisión europea. O único que houbo foi contactos e discusións “informais de autoridades autonómicas españolas e Sepi" con responsábeis europeos de axudas estatais.

Isto é o que vén de declarar a CE en resposta a unha pregunta dun eurodeputado socialista, que se interesaba sobre o dique flotante. “O proxecto non se notificou formalmente á Comisión para a súa avaliación con arreglo ás normas sobre axudas estatais da UE”.

"Gran mentira"

O PSdeG xa solicitou a comparecencia de Núñez Feijóo para dar explicacións por esta “gran mentira”. Cómpre lembrar que Sepi, Xunta e Goberno español apuxeron á UE que non se pudiese facer o dique flotante en Ferrol (unha demanda do naval para ter carga de traballo na área de reparacións, un mercado en alza).

Comentarios