A recesión chega a Galiza

A economía galega encadeou dous trimestres consecutivos en descenso, o que supón a entrada en recesión técnica.
Recesión
photo_camera Recesión

Segundo os datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE), a economía entrou na Galiza en recesión técnica tras contraerse un 0,3 por cento no primeiro trimestre de 2012, co que encadea dous trimestres consecutivos de caída. A evolución da economía galega entre xaneiro e marzo de 2012 foi do -0,3 por cento, ao igual que a española, mentres que nos últimos 12 meses o Produto Interior Bruto (PIB) galego rexistrou un comportamento do -0,5 por cento.

A resposta do Goberno galego é que a economía galega crecerá máis que a española este ano tras reducir en dúas décimas o seu diferencial durante os tres primeiros meses do ano. A estimación do goberno de Feijoo é que o comportamento do PIB galego vai ser dúas décimas mellor que o dato do conxunto do Estado.

Comentarios