A intrasixencia da patronal do téxtil en Ourense racha a negociación do convenio colectivo

O empresariado reitera a súa teimosía en eliminar unha paga extraordinaria e o dereito a cobrar o 100% do salario en caso de baixa por enfermidade, para alén de conxelas a antigüidade e conxelar o salario. Namentres, a representación sindical de CIG, CCOO e UGT advirten de que non se modificará ningún aspecto que supoña unha rebaixa de dereitos, e convocan mobilizacións

A negociación do convenio colectivo de Comercio téxtil para Ourense quedou rachada após a última xuntanza que mantiveron a patronal e os sindicatos CIG, CCOO e UGT.

Denuncian as tres centrais a "intransixencia" empresarial para o diálogo, reiterando a súa teimosía en eliminar unha paga extraordinaria e o dereito a cobrar o 100% do salario en caso de baixa por enfermidade, para alén de conxelas a antigüidade e conxelar o salario.

Pola súa banda, os sindicatos mantéronse firmes e rexeitaron de maneira unánime "calquera modificación no convenio que supoña unha rebaixa de dereitos", informou a federación de servizos da CIG en Ourense.

Recordaron que @s traballador@s do sector levan dous anos sen recibir incremento algún nos seus soldos, e recalcaron que "sufrimos os efectos dunha reforma laboral brutal namentres as empresas do sector obteñen beneficios millonarios". As mobilizacións contra esta situación están xa anunciadas.

Comentarios