Unha marcha até a residencia do Presidente da Xunta denunciará os recortes a empregad@s públic@s

CIG e CCOO convocan a I Marcha a Monte Pío (residencia oficial d@ president@ da Xunta), que terá lugar esta quinta feira para denunciar os recortes do PP n@s empregad@s públic@s e a mala xestión do goberno popular.
monte pio

Os sindicatos CIG e CCOO, así como a Xunta de Persoal de Servizos Centrais e o seu comité de empresa, organizan esta quinta feira a I Marcha a Monte Pío, residencia oficial d@ president@ da Xunta, unha mobilización lúdico-reivindicativa con que pretenden denunciar e chamar a atención sobre as consecuencias para traballadoras e traballadores da administración e cidadanía destes tres anos e medio de goberno Feijóo.

A marcha partirá ás catro e media da tarde de San Ceatano, edificio administrativo da Xunta en Compostela, e finalizará en Monte Pío, no barrio picheleiro de Casas Novas. As organizacións convocantes animan as persoas asistentes a levar pan "porque os chourizos xa están aquí dentro", en referencia á residencia presidencial.

"Feijóo quere que @s traballador@s públic@s teñan cero dereitos e a cidadanía, cero servizos"

Fernando García, da CIG, sinalou a residencia como "símbolo do dispendio deste goberno, ao igual que a Cidade da Cultura", e acusou o presidente Feijóo de "procurar que as e @s traballador@s públic@s teñan cero dereitos e a cidadanía, cero servizos". As medidas de recortes están a minguar a calidade dos servizos públicos, "e semella que Feijóo quere máis que unha administración do século XXI unha do XIX".

Pola súa banda, Pedro Méndez, de CCOO, incidiu na "falta de respecto" do goberno popular de Núñez Feijóo ao se negar a negociar e dialogar c@s empregad@s e aplicar graves medidas de recortes.

Comentarios