FRUGA denuncia o veto nas elecións ao consello regulador de "Ternera Gallega"

A Federación Rural Galega (FRUGA) denuncia e recorre a súa exclusión das eleccións do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida 'Tenreira Galega'

A FRUGA considera que a súa exclusión no proceso electoral ao Consello Regulador de “Tenreira Galega” supón un “veto” xa que cumpren coas exixencias legais recollidas nas bases da convocatoria.

 O Consello Regulador está composto por 14 membros, entre representantes do sector industrial e do sector produtor, no que se atopan o censo de gandarías que é no que a FRUGA apresentou candidatura. Segundo a FRUGA, a súa presentación impediría “que se repartisen as prazas correspondentes do censo de gandarías e obrigaría a realizar eleccións”. Alén disto, a FRUGA denuncia que se prive aos 7.000 titulares de explotacións inscritas en Tenreira Galega do debate natural en todo proceso electoral e, ao tempo, do seu dereito ao voto. A FRUGA presentará un recurso contra a impugnación da candidatura.

Comentarios