A FRUGA denuncia o veto nas eleccións de Tenreira Galega

A Federación Rural Galega (FRUGA) denuncia e recurre a súa exclusión ás eleccións do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida 'Tenreira Galega'

 

 

 

A FRUGA considera que a súa exclusión no proceso electoral ao Consello Regulador de Tenreira Galega supón un “veto” xa que cumpren coas esixencias legais recollidas nas bases da convocatoria.

O Consello Regulador está composto por 14 membros, entre representantes do sector industrial e do sector productor, no que se atopan o censo de ganderías que é no que a FRUGA apresentou a súa candidatura. Segundo a FRUGA, a súa presentación impediría un “que se repartiran as prazas correspondentes do censo de ganderías e obrigaría a celebrar eleccións”.

Alén disto, a FRUGA denuncia que s elle prive aos 7000 titulares de explotacións inscritas en Tenreira Galega do debate natural en todo proceso electoral e, ao tempo, do seu dereito ao voto. A FRUGA presentará un recurso contra a impugnación da súa candidatura ás eleccións.

Comentarios