A folga que conseguiu que os directores de residencias traballasen un domingo

O domingo foi a primeira xornada dos paros convocados nos centros de Traballo e Benestar da Coruña polo comité de empresa. Unha protesta coa que denuncian as "abusivas" quendas que se impón ao persoal.

“Por primeira vez en anos, os directores das Residencia de Maiores, Centros de Menores e CAPD da Coruña, aparecen a primeira hora dun domingo nos seus postos directivos, obrigados para exercer o control sobre as presencias dunhas carteleiras, que eles mesmos inflaron a proposito, co fin de obrigar ao persoal a traballar dous domingos consecutivos, 7 días continuados e quendas de 3 noites de servizo”. Así se manifesta o comité de empresa de Traballo en Benestar na Coruña, que convocou tres xornadas de folga nos centros da provincia.

A finalidade desta protesta é “denunciar a sobrecarga de traballo que supón impoñer quendas de traballo abusivas, inxustas e discriminatoria”.Unha situación que afecta ao persoal mais que tamén repercte nos internos e usuarios.

Sempre hai unha primeira vez

Desde o comité indican que “a pesar de cobrar o complemento de especial responsabilidade é a primeira vez no exercicio do seu cargo de libre desginación (a dedo), que os directores aparecen polos Centros que dirixen. Circunstancia que sorprendeu aos traballadores ao ver, por primeira vez na súa vida, a un director acudir ao seu posto en domingo”.

A xornada de folga desenvolveuse sen incidencias, con concentracións nas residencias de Caranza en Ferrol e Porta do Camiño en Santiago de Compostela. O Comité de Empresa reitera a súa oferta de dialogo á conselleira Beatriz Mato para resolver este conflicto, 

Comentarios