Ralentización

A economía lastrada

O exame da Comisión Europea sobre competitividade rexional sitúanos no posto 181 entre os 263 territorios. Danos Bruxelas unha puntuación de 36,6 sobre 100 (un suspenso), o que nos sitúa 18 puntos por baixo da media europea e son, mesmo, oito puntos menos que os que a UE nos daba en 2010. Afastámonos, pois, dos territorios con economías máis competitivas, ao tempo que perdemos capacidade de enganche en sectores fulcrais. Por que?

laboratorio I+D investigación

No que atinxe á competitividade económica, os índices e valoracións de Bruxelas sitúan Galiza máis perto de Sud-Est, una rexión do leste de Rumanía, que de Londres. Ambos os dous territorios, Sud-Este e Londres, representan os extremos no Índice de competitividade rexional que presentou a Comisión Europea: a capital británica figura, con 100 puntos sobre 100, como a que ten a economía máis competitiva das 263 rexións da UE. Sud-est, cun 0,07 sobre 100, é a pechacancelas da clasificación feita por Bruxelas. E Galiza? Pois temos 36,6 puntos sobre 100, é dicir, un suspenso, e moi afastados das zonas máis competitivas. Supérannos todas as rexións de Reino Unido, Alemaña, Bélxica, Irlanda, Dinamarca, Finlandia, Francia (agás Córsega), Suecia... De feito, ficamos a 18,4 puntos da media europea, que é de 55 puntos, e temos agora peor puntuación que no 2010, cando Bruxelas nos valorou cun 45 sobre 100.

6Deberiamos preocuparnos? Deberiamos, responden economistas e analistas. “Nos últimos anos a economía galega deslizouse a actividades e sectores de feble medre produtivo” e que “lastran a competitividade da nosa economía”, opina Francisco González, economista.

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 241, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]

Comentarios