A economía galega seguirá retrocedendo e sen crear emprego en 2013

Un informe de Novacaixagalicia prevé que a economía galega caia nun 1,4% o vindeiro ano. A taxa de desemprego chegaría a atinxir o 26%. Os datos amosan que a política de recortes estaría a agravar a situación económica.

O informe de Novacaixagalicia augura un 2013 máis que difícil para a economía galega, apuntando a que nese ano non se creará emprego e se manterá a desaleración. De cumprírense as pevisións de que a economía española caia un 1,5% no presente 2012, a galega pechará o ano cunha contracción de entre o 1,2 e un 1,4 por cento.

No que atinxe ás previsións para 2013, neste informe apúntase á dependencia da economía tanto galega como española da evolución e as decisións que se adopten desde Bruxelas. En calqueira caso, sinálase que os estudos auguran un decrecemento da economía entre o 1,5 e o 1,3% para o Estado español. Un dato moi negativo, pois para crear emprego neto son precisas taxas de aumento do 2%.

Neste contexto, o mencionado estudo augura que a taxa de desempego poida aumentar por riba do 26 por cento. Dos datos dedúcese que a política de recortes estaría mesmo a agravar a situación económica do noso país ao non estimular o consumo, fortemente retraído por mor do desemprego e o empobrecemento dos salarios.

Comentarios