A CUT convoca mobilizacións "para rachar coas cadeas do capital"

O sindicato chama á protesta na rúa en Vigo, Cangas e Compostela contra os recortes impostos polo Goberno español. Na capital de Galiza a chamada fana conxuntamente coa CNT

A CUT tamén chama á mobilización en contra dos recortes sociais. Baixo o lema Ou eles ou nós: rachar as cadeas do capital, convoca protestas esta cuarta feira en Vigo (diante da Xunta ás 12h), Cangas (diante do Concello ás 20h) e Compostela (na Praza de Galiza ás 20h). Na capital do país a chamada fana conxuntamente con outra central, a CNT.

Após as medidas anunciadas no último Consello de Ministros, o sindicato quere deixar clara a súa vontade de se mobilizaren "permanentemente" e, en terceira persoa, arremeten contra "a súa supresión dos nosos dereitos sociais, a súa maneira de destruír pobos enteiros, de reventar a vida das traballadoras e traballadores ou a súa condena á miseria e á dependencia para a xente máis moza e para a máis vella".

Comentarios