A CIG pide dereito á obxección de conciencia do persoal de entidades financieira

Os desafiuzamentos, as preferentes e as quitas poñen a boa parte do persoal de entidades financieiras nunha difícil situación que a CIG quere evitar demandando a obxección de conciencia que está recoñecida mesmo polo Tribunal Constitucional. 

Banco Gallego
photo_camera Banco Gallego

A CIG-Banca dirixiuse ás patronais da banca (AEB) e tamen das antigas caixas (ACARL) así como ao FROB para reclamar o recoñecemento de obxección de conciencia do persoal de entidades bancarias ao que se puxo nunha situación de presión ao seren mediadores de actuacións das entidades cuestionadas socialmente como a venda de preferentes. 

O sindicato nacionalista sinala que cada vez un maior número de sentenzas poñen en cuestión a lexislación e as actuacións bancarias e cómpre un “profundo cambio” para que as persoas empregadas nas entidades financieiras non se vexan na obriga de partillar nestas operacións, condenadas tamén socialmente. 

Refírense, en concreto e en primeiro lugar, aos desfiuzamentos, efectos dunha lexislacióon hipotecaria considerada abusiva polo Tribunal Europeo da que o persoal das entidades “non quere ser cómplice”. Denuncia a CIG asimesmo que o perosal padece tamén, en alusión ás preferentes, “as políticas comerciais agresivas e ten dereito a dicir basta”. “Non queremos colocar produtos de deseño, que ninguén sae o que son, nin ofrecen garantías”, sinalan. Aluden, finalmente, á participación na quita das persoas aforradoras. “É o seu diñeiro e teñen dereito a recuperalo de xeito íntegro” afirman para concluír que o recoñecemento da obxeccióno de conciencia camiñaría cara “sentar as bases dun sistema financieiro máis xusto e sostíbel socialmente”. 

Comentarios