A CEOE considera excesivo que se dean catro días de permiso pola morte dun familiar directo

A organización da patronal quere que se penaliza aos traballadores con máis de catro baixas ao ano

A CEOE critica que se manteñan os catro días de permiso que pode coller un traballador por defunción dun familiar directo (pai, nai, filla, irmá). O responsábel de Relacións laborais da patronal, José de la Cavada, entende que eses días, recollidos no Estatuto dos Traballadores, non teñen sentido na actualidade. “As viaxes agora non se fan en dilixencia”, afirmou, engadindo a seguido que “cos vehículos que hai agora”, os percorridos requiren menos tempo.

A CEOE considera que os permisos e licencias existentes responden a unha “mentalidade que non é conforme” aos medios de comunicación que hai actualmente. E atribúe eses catro días a unha herdanza da “lexislación do franquismo, superprotectora e que non se corresponde” coa actualidade.

Aliás, este responsábel da patronal advogou por que se poida penalizar a aquel traballador ou traballadora que teña catro baixas ou máis ao longo dun ano

Comentarios