A banca acredora quer que Pescanova nomee conselleiro delegado para renegociar a débeda

A débeda da multinacional ronda os 2.500 millóns de euros, 1.000 millóns máis que o pasivo auditado
Instalacións de Pescanova

A banca acredora de Pescanova (son 45 entidades financeiras de diferentes países) gostaría de que o consello da multinacional nomease un conselleiro delegado que exerza de interlocutor con ela e que renegocie a débeda. Unha débeda que ronda os 2.500 millóns de euros.

Nesta terza feira, representantes do núcleo duro dos bancos acredores reúnense en Madrid para trazar qué facer. Ese núcleo duro, ou 'steering committee' está conformado por Novagalicia Banco, Banco Sabadell, Caixabank, Popular, Bankia, Deutsche Bank e Royal Bank of Scotland. No que traballa ese núcleo é  no nomeamento de dous tipos de asesoramiento, legal e financeiro.

Recortar poder a Fernández de Sousa?

A división no seo do Consello de Pescanova é evidente entre o presidente (Fernández de Sousa, 14,4% da multinacional) e o segundo e terceiro accionistas: Damm (6,1%) e Luxempart (5,8%).

Un escenario que non gosta nada a banca. Así, na reunión realizada a finais da semana pasada entre a banca acredora teríase falado de nomes para tomar as rendas da multinacional, substituíndo a Fernández de Sousa, ao que se critica tanto a xestión da empresa como da crise. Así, varias entidades gostarían de ver Antonio Basagoiti, actual presidente de Banesto e conselleiro de Pescanova dese 1996, na cadeira que actualmente ten Fernández de Sousa. Malia ser membro do Consello de administración da multinacional desde hai máis de 15 anos, Basagoiti non asistiu á xuntanza que este órgano tivo a pasada quinta feira, a primeira após a petición de preconcurso de acredores.

Comentarios