A amnistía fiscal: dos 2.500 millóns previstos polo goberno aos 150 que entraron por caixa

Concluído o prazo da controvertida amnistía fiscal impulsada polo goberno Rajoy, técnicos de Facenda sinalan que, como moito, esta medida servíu para recadar o 6% do previsto polo propio exectivo. Apenas 150 millóns dun total de 2.500. "Impunidade a prezo de saldo", califican expertos esta medida
diñeiro

A aministía fiscal (regularización fiscal na neolingua rajoyana) botou a andar en marzo pasado, facilitando aos e ás defraudadoras regulizar os seus caros en negro a cambio de pagar un 10% dos mesmos. Unha medida xa moi criticada desde o primeiro momento por oposición, sindicatos, colectivos sociais e mesmo  a entidade que representa aos técnicos do Ministerio de Facenda. Tod@s coincidiron en sinalar que a amnistía non ía servir para recaudar o que prevía o executivo do PP (2.500 millóns), para alén de algo moito máis grave: Impunidade para aqueles que defraudaron millóns e millóns de euros ás racas públicas.

A aministía fiscal permitiu aos defraudadores pagar un 10% para legalizar os seus cartos. Sen xuros, recargos, sancións ou consecuencias penais

Esta sexta finaliza o prazo dado polo goberno popular para acollerse a esta amnistía fiscal. Desde Gestha, o sindicato d@s técnic@s do Ministerio de Facenda, xa se calculou que a medida só serviu para recadar o 6% do previsto polas contas botadas polo executico central: Apenas 150 millóns daqueles 2.500.

Impunidade "a prezo de saldo"

A aministía fiscal permite aos defraudadores pagar un 10% para blanquear os seus cartos. Sen xuros, recargos, sancións ou consecuencias penais. Os técnicos consideran esta cantidade "un prezo de saldo" comparado que que teñen que desembolsar os contribuíntes que cumpren coas súas obrigas fiscais, e aos que lle corresponden tipos deaté o 52% no IRPF.

Unha discriminación que foi sinalada ao longo destes meses desde diferentes sectores, incidindo na doble vara de medir. A de Rajoy non foi a primeira amnistía fiscal que se fixo no estado español. pois houbo 2 anteriores, unha delas baixo o goberno de Rodríguez Zapatero-

Non serve

A sección sindical da CIG na Axencia de Tributaria fixo no seu momento unha valoración negativa das medidas de "amnistía fiscal" aprobadas polo goberno español para facer aflorar o dineiro negro. Consideraba que "as medidas non son máis que a constatación do fracaso dun modelo de xestión dos tributos que leva anos obsoleto".

A isto, a central sindical nacionalista engadía a denuncia de que "viamos como a fraude fiscal e a economía somerxida non paraban de crecer mentres que a Axencia Tributaria se limitaba a perseguir a pequena fraude ou a requirir os cidadáns que, sen ánimo de defraudar, cometían algún erro ou se esquecían de facer algún pago no prazo previsto". Mentres, prosegue o sindicato, as e os defraudadores profesionais "vivían pracidamente e as facilidades de branqueo facían do Estado Español o paraíso das distintas mafias que fixaban aquí a súa residencia".

Para a CIG, a Axencia Tributaria é incapaz de recadar a maior parte das débedas tributarias que liquida, "chegando a un pírrico 47% para as débedas inferiores a 1.000 euros, e non chega ao 13% para as débedas superiores a 50.000 euros".

Comentarios