En 89.200 fogares galegos todos os seus membros están no paro, un 11% máis que hai un ano

Supón o duplo que hai catro anos. En perto de 32.000 familias ningún dos seus integrantes percebe ingresos.

desempregado
photo_camera desempregado

En Galiza hai 89.200 fogares onde todos os seus membros están no paro. O que supón un 10,9% máis de fogares nesta situación que hai un ano. Uns datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) que poden ser cualificados como máis que preocupantes.

De feito, no terceiro trimestre de 2009, no noso país nesa situación (todos os membros en paro) había 44.500 fogares. Así pois, en apenas catro anos esa cifra case que se cuadriplicou.

De feito, en Galiza hai agora 32.000 familias onde non hai ingresos de ningún tipo. Miseria e pobreza a aumentar a galope desde o inicio da crise.

Desemprego
Durante o terceiro trimestre de 2013 incrementouse o número de parad@s en Galiza en 13.100 persoas (un 5% máis) con respecto ao mesmo período de 2012. A poboación parada baixa unicamente un 3,9% (11.100 persoas) con respecto ao trimestre anterior.

Comentarios