Preguntas e respostas sobre a paralización total que entra en vigor hoxe

O Consello de Ministras extraordinario deste domingo aprobou a paralización de todas aquelas actividades non consideradas esenciais, unha medida con repercusión directa en millóns de persoas no Estado.

Operarias nunha carpinteiría industrial

1) Que actividades están afectadas?

Todas aquelas que non estean recollidas no anexo do BOE publicado na noite deste domingo e no que se fixan as 25 actividades consideradas 'esenciais' e que están excluídas desta paralización. A listaxe, porén, pode rexistrar modificacións de así o considerar pertinente e necesario o Ministerio de Sanidade ou outras autoridades competentes. Podes consultar as actividades esenciais aquí.

2) Cando entra en vigor?

Nun primeiro momento a intención do Goberno español foi que fose de aplicación esta segunda feira. Porén, o Real Decreto aprobado polo Executivo estableceu finalmente unha moratoria durante esta segunda feira para que industrias afectadas pola paralización poidan facelo sen 'brusquedade'. Italia, por exemplo, deu un prazo de 48 horas ás empresas para que se adaptasen a esa paralización cando foi decretada polo seu Goberno

A fin deste fechamento da actividade non esecial estableceuse para o vindeiro 9 de abril, quinta feira.

3) A empresa pode dicirme hoxe que teño que ir traballar?

Hoxe si, porque está en vigor a moratoria de 24 horas para que a empresa prepare esa paralización. Porén, o RD contén un artigo, o 4, que abre as portas a que a empresa tamén poida chamar a traballar outros días, dentro da denominada  'actividade mínima indispensábel' necesaria para mantemento, etc.. e que debería de ser como a dunha fin de semana ou festivo. 

4) Van cobrar o salario íntegro as traballadoras afectadas polo feche?

Si, a través dun “permiso retribuído recuperábel”. As empresas deben de pagar a traballadores e traballadoras o seu salario con total normalidade, como se estivesen traballando. E deberá de pagarlle todos os conceptos retributivos”, o que significa que alén do salario base ten que pagarlle tamén os complementos salariais.

5) Como se van recuperar as horas?

O 'permiso retribuído recuperábel' implica precisamente iso, que as horas que non se traballan nestes días de paralización teñen que ser recuperadas pola empresa, se ben de forma “paulatina e espaciada no tempo” desde a fin do estado de alarma até 31 de decembro.

A forma en como se recuperen debe de ser negociada entre empresa e representantes das e dos traballadores, que deben de acadar un acordo nun prazo de sete días. De non haber tal acordo, será a empresa quen comunique ao persoal a maneira en que se recuperarán esas horas.

6) Que pasa coas afectadas por un ERTE?

Os ERTEs, expedientes de regulación temporal de emprego, solicitados, continúan. Ademais, e durante este período, as empresas poden seguir solicitando expedientes de reglación temporais. No caso dos ERTEs de redución de xornada, tanto a paralización como o permiso retribuído recuperábel, fíxanse sobre o tempo de traballo.

7) O teletraballo continúa?

Yolanda Díaz, ministra de Traballo, xa anunciou na comparecencia posterior ao Consello de Ministras que o teletraballo non está afectado por estas medidas. Así pois, debe de seguir a facerse.

8) E se estou de baixa?

O Goberno español establece que esta medida non afectará ás persoas que están de baixa por incapacidade temporal (IT), ou de permiso de maternidade e parternidade,  


 

Comentarios