O 43% da redución da débeda pública de Galiza fíxose no lombo d@s empregad@s públic@s

En 2013 esta débeda diminuíu en 371 millóns de euros. As medidas de 'axuste' aos e ás traballadoras da función pública supuxeron 160 millóns.

A redución da débeda pública galega estase a facer en boa medida a conta dos petos das e dos empregados públicos, un sector que desde 2009 acumula unha perda de máis dun 30% no seu poder adquisitivo, para alén de perdas e reducións en dereitos.

Desde CSIF cífrase nun 43% a débeda reducida en 2013 a costa dos traballadores da función pública. Afirman que en 2013 esa débeda minguou en 371 millóns de euros e as medidas de axuste e recortes aos empregados públicos supuxeron 160 millóns.

"A xestión económica deste Goberno” faise en base “ao furto dos dereitos económicos e laborais dos empregados públicos", indican desde este sindicato, que tamén apunta a que durante este ano, cifra en 600 o número total de postos da Administración autonómica amortizados. "O, eufemisticamente, que non foron dotados orzamentariamente, segundo palabras do director xeral", ironiza a central.
 

Comentarios