40 anos 'Do capitalismo colonial'

Hai corenta anos, falamos do outono de 1979, Edicións do Cerne editaba 'Do capitalismo colonial'. O tempo transcorrido, a máis de confirmar boa parte das análises formuladas, non lle restou un mínimo de vixencia as teses centrais recollidas no volume.

DO CAPITALISMO COLONIAL LIBRO LÓPEZ SUEVOS1
photo_camera Imaxe de portada 'Do capitalismo colonial'.

Estamos diante dun volume chave para a explicación do problema galego. Formado por   unha serie de artigos publicados en diversos medios de prensa entre 1975 e 1981, unidos, en palabras do seu autor, por “unha idea forza que atravesa estas follas dende a primeira até a última páxina: a conceptualización da Galiza como unha nación colonizada polo Estado español”, representa outra contribución decisiva de Ramón López Suevos á conformación do corpo doutrinal do nacionalismo.

A abondosa produción bibliográfica do autor, unha parte da cal é tamén resultado das urxencias políticas do país, representa un edifico teórico inescusábel para interpretar Galiza, central para comprender os principios basilares da proposta patriótica, definitiva para entender os esforzos por articular dun marxismo galego e vixente nos seus núcleos esenciais.

DO CAPITALISMO COLONIAL LIBRO LÓPEZ SUEVOS

Expresa a vontade por caracterizar axeitadamente a nosa dependencia. A confirmación de que as diferenzas cuantitativas entre Galiza e o Estado español remiten a estruturas económicas cualitativamente distintas  e diferenciadas, interrelacionadas pero non nun plano de igualdade.

A consideración do problema económica galego como unha esfera máis do conflito nacional, onde o eixo lingüístico e cultura aparece como outra das súas facianas, aludindo a unha xénese e mecánica do subdesenvolvemento sen homologación no espazo ibérico.

A necesidade de mudanzas estruturais no país como condición previa a un modelo de desenrolo autocentrado, axeitada ás necesidades da Galiza, e un modelo de “industrialización que respecte o equilibrio ecolóxico, protexa o medio ambiente e reduza ao mínimo os custos sociais dos proxectos de inversión que en calquera caso deben ser interiorizados”.

Representa un edifico teórico inescusábel para interpretar Galiza desde unha perspectiva nacionalista.

Significa a caracterización do fenómeno colonial na  dialéctica de clases e a formulación dunha proposta estratéxica asociadas á mesma no plano da acción política. A definición da Galiza como unha colonia, resultado dunha tripla opresión política, cultural e económica, actuando as tres de xeito concatenado, reforzándose mutuamente, provocando  unha peculiar situación de dependencia, da cal se deriva unha practica política concreta, determinada polo carácter específico da nosa dependencia.

A conformación dunha particular estrutura de clases condicionado polo colonialismo, onde se sinala a dupla explotación dos simbióticos, isto é os asalariados propietarios, e as “mal chamadas clases medias” que “non teñen máis opción de suicidarse como clase ou integrarse con todas as consecuencias no movemento nacionalista”.

O concepto do “capitalismo colonial”

A propia introdución na Galiza do concepto do “capitalismo colonial”, unha categoría analítica formulada en primeira instancia polo arxentino Sergio Bagú, empregada por Raúl Prébisch e Paul Barán e continuada polos autores da escola da dependencia como Mauro Marini ou Thetonio dos Santos, sitúa ao nacionalismo galego nunha liña analítica análoga á que se desenvolvía noutras realidades coloniais

Adianta as terríbeis consecuencias para a economía galega da integración na Comunidade económica europea, impugnando o proxecto europeo. 

A oposición ao modelo europeo, como expresión política dos intereses do grande capital, en tanto superestrutura destinada a reforzar a dependencia do país, desmantelar os seus sectores produtivos e fanar as posibilidades dun desenvolvemento autocentrado.

A achega de López Suevos en “Do capitalismo colonial” adianta boa parte das teses formuladas en 1985, neste caso nun artigo publicado no número catro da revista Agalia baixo o título da Galiza e adesom espanhola à CEE. A actualidade deste último traballo, onde en relación coa disxuntiva do momento defende “Nem integraçom nem autarquia”, resulta premonitoria cando afirma “que certamente pode fazer-nos muito máis dano estando dentro que estando fora da Comunidade, eis a responsabilidade política de quen decidiu meter-nos na boca do lobo”

Comentarios