As empresas do IBEX 35 gañaron 77 millóns de euros diarios nestes tres últimos anos da crise

Obtiveron máis de 77.000 millóns de beneficios desde 2013. Só entre xaneiro e setembro do presente ano os años achegáronse aos 28.000 millóns de euros.

Bolsa de Madrid
photo_camera Bolsa de Madrid

O selectivo grupo de empresas que fai parte do IBEX 35 leva tres anos aumentando os seus beneficios, un período no que os recortes, a precarización laboral e as tesouradas salariais foron o pan do noso de cada día para milleiros de galegos e españois. Segundo os dados ofrecidos pola Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), entre xaneiro e setembro do presente ano esas empresas rexistraron uns beneficios de 27.857 millóns de euros. Beneficios que hai que engadir aos obtidos no 2014 e no 2013. En total, 77.000 millóns de euros.

Estes 77 mil millóns de euros desde 2013 permiten calcular que nestes apenas tres anos as 35 empresas tiveron unha media de beneficios de 77 millóns de euros diarios. Máis de 3,2 millóns de euros por hora. Unha magnífica recuperación após uns exercicios (2011 e 2012) no que estas firmas tiveron quedas nos ingresos.

A mellora do negocio do Estado español e o máis valor permitiron á maioría das compañías cotizadas neste privilexiado grupo incrementar os seus gaños, uns beneficios que foron especialmente notábeis no que atinxe a Sacyr, que aumentou nun 540% nestes 9 primeiros meses de 2015. Até 532 millóns de euros de beneficios. Santander, Telefónica e Iberdrola lideraron a clasificación de ganancias no terceiro trimestre.

Comentarios