mércores 08.07.2020

23.000 sinaturas para que De Guindos non esqueza dar solución ao calote das preferentes

A Coordinadora Galega de plataformas de [email protected] polas preferentes entregará esta cuarta feira no Ministerio de Economía milleiros de sinaturas pedindo que se arranxe o problema das preferentes. A principios de mes entregáranllas a Feijóo: “Nin caso nos fixo, como quen oe chover. Unha vergoña de presidente para @s [email protected]”.

Foto: Zapa da Costa
Foto: Zapa da Costa

Esta cuarta feira, 20 de novembro, representantes da Coordinadora Galega de plataformas de [email protected] polas preferentes farán entrega no rexistro do Ministerio de Economía de 23.000 sinaturas. Firmas dirixidas ao ministro De Guindos “para que non se esqueza de nós”, afirma desde Arousa Julio García, “e, tamén, para que solucione esta estafa”. Non vai ser a única parada [email protected] representantes da Coordinadora na súa visita a Madrid. Tamén irán até o Defensor del Pueblo para lle facer entrega destas 23.000 sinaturas.

Tamén entregarán as sinaturas ao Defensor del Pueblo

“Non imos parar nas nosas protestas. Iso que o teñan claro. Son os nosos cartos e roubáronnolos. Os nosos cartos? Que digo? A nosa vida! Aforros xuntados tras 'pasalas putas', moitas veces no estranxeiro e lonxe da familia”. A indignación é máis que patente a pouco que se deixe falar ás persoas afectadas polo calote, como García.

Que acaben as mentiras e comecen as solucións

A principios deste mes, esas 23.000 sinaturas foron entregadas no Parlamento de Galiza con destino a Feijóo e pedindo o mesmo que agora lle demandan a De Guindos: “Que resolver o problema é competencia tanto da Xunta como de Madrid, que non lle boten a culpa a Bruxelas para se desfacer do problema”, manifestou o voceiro da plataforma do Baixo Miño, Xulio Vicente. Vicente apuntou a que esa excusa “non calla” entre os preferentistas.

Xesús Domínguez, da plataforma de Compostela, lamentou que as autoridades só deixen @s [email protected] "a vía da denuncia, civil ou penal". Ademais, advertiu que as mobilizacións e protestas non van finalizar pois o pouco que se ten atinxido neste problema "foi grazas á presión social". 

E NGB, á poxa

Iria Aguede, integrante da Adica, cifra no 60% o volume de diñeiro que fica sen devolver por parte de Novagalicia Banco (NGB). Xesús Domínguez, voceiro da plataforma de [email protected] de Compostela, detallou que son máis de 500 millóns. E esta é a entidade que se vai vender. Esta terza feira o Frob inicia o proceso de poxa de Novagalicia Banco.

Catro bancos (tres españois e un venezolano) e varios fondos de investimento aspiran a se facer coa entidade e o 40% do mercado de aforro galego que posúe. Após saneala con 9.000 millóns de euros públicos, a ferramenta financeira galega véndese ao mellor postor.

comentarios