mércores 28/10/20
CONCURSO DE ACREDORES

138 empresas galegas entraron en quebra no primeiro trimestre

Máis da metade das empresas concursadas eran do sector da construción e industrias
Case 140 empresas concursadas na Galiza no primeiro trimestre
Case 140 empresas concursadas na Galiza no primeiro trimestre

O número de empresas que se declararon en quebra na Galiza durante o primeiro trimestre de 2012 foi de 138, segundo datos feitos públicos polo Instituto Nacional de Estadística (INE). Destas, as relacionadas coa industria (33) e construción (39, das cales 23 centrábanse na edificación e promoción inmobiliaria) son as máis numerosas entre as insolventes. Tamén destacan as 23 clasificadas en “comercio por xunto”. No outro extremo sitúanse sectores como agricultura e pesca, en que ningunha empresa quebrou nos tres primeiros meses do ano; ou a hostalaría, con dúas.

No que atinxe ao número de asalariados e asalariadas das empresas concursadas, tres delas tiñan máis de cen traballadores e traballadoras; 6 posuían un cadro de entre 55 e 99 [email protected], e en 24 delas o cadro de persoal estaba composto por entre 20 e 49 [email protected] Cunha plantilla de traballadores e traballadoras de entre 10 e 19 había 29 empresas e en 18 delas os e as asalariadas eran de 6 a 9 persoas.

Con respecto do volume de negocio destas empresas concursadas, dun total de 138, cinco delas superaban os 10 millóns de euros, mentres que 13 movíanse nun tramo de 5 a 10 millóns e 20 estaban comprendidas entre os dous e cinco millóns de euros de volume de negocio. Segundo o INE, A Coruña é a e provincia da Galiza con maior número de empresas concursadas (68), seguida de Pontevedra (48), Lugo con 22 e Ourense con 11.

Mais non só as empresas se declaran en quebra. Entre xaneiro e marzo 11 persoas físicas sen actividade empresarial declaráronse insolventes na Galiza.

comentarios