xoves 24/09/20

126 empresas abandonaron Galiza por outros territorios do Estado

53% mudaron o seu domicilio a Madrid. 
126 empresas abandonaron Galiza por outros territorios do Estado

O traslado de domicilio social dun territorio a outro non é unha novidade. Mesmo o goberno de Núñez Feixóo ordenou no seu día á Axencia Tributaria Galega que activase un plan de inspección sobre a fuga de empresas localizadas na Galiza a Madrid atraídas pola eliminación de trabas ou a menor presión fiscal. Os resultados desa inspección non se fixeron públicos.

Mais a dinámica continúa. Un Informe de D&B sobre o cambio de domicilio de empresas deita luz sobre Galiza. Nos tres primeiros trimestres de 2019 marcharon do noso país para se asentar noutros territorios do Estado 126 empresas. Facturaban entre todas elas 207 millóns de euros. Neses mesmos 9 meses o país recibiu doutras autonomías 161 compañías. Un saldo positivo de 35 firmas.

A facturación sumada de todas as empresas que durante eses trimestres optaron por se mudar a Galiza era de 81 millóns de euros, moi inferior á cifra de vendas das que marcharon do país: 207 millóns.

Porén, a facturación sumada de todas as empresas que durante eses trimestres optaron por se mudar a Galiza era de 81 millóns de euros, moi inferior á cifra de vendas das que marcharon do país: 126 millóns de euros menos.

Destino

E a onde foron as empresas que  estaban na Galiza e mudaron o seu domicilio? Pois 53% delas a Madrid, principal receptora das firmas que marchan non só de Galiza, senón tamén do resto de territorios do Estado. As seguintes comunidades de 'destino' foron Catalunya, Canarias e Asturies.

Entre 2013 e 2016 foron 458 as empresas que mudaron o seu domicilio social, deixando Galiza por outra autonomía. Unha mudanza que implicaba, en termos de facturación, uns 540 millóns de euros. A principal beneficiaria destes traslados foi Madrid, que pasou acoller 207 desas 458 sociedades, e 67% deses 540 millóns de euros. Non é algo exclusivo de Galiza. Madrid, cabalgando no efecto capitalidade que lle permite unha política fiscal de mínimos, actúa como succionador de empresas de todos os territorios do Estado.

comentarios