O Día da clase obreira galega a CIG pedirá na rúa a derrogación das reformas laborais e lei mordaza. Con este motivo, decorrerán asembleas e mobilizacións nas 7 cidades e en varias vilas galegas baixo o lema “Reformas Laborais e Lei Mordaza, anulación xa!”. O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, explicou que coas reforma laborais e a Lei Mordaza empeorouse a calidade de traballo e de vida das clases populares, facilitouse despedimentos, limitáronse liberdades e dereitos... E entende que após os resultados do 20-D,“ábrese unha porta que pode facilitar a derrogación” desta lexislación laboral e do recorte de dereitos e liberdades públicas que, a xuízo do secretario xeral, “están, en grande parte, na base do que foi o deterioro das condicións laborais e da política represiva do PP”.
Pobreza laboral
Seixo explica que, xunto con estas reivindicación, a CIG avaliará, nas asembleas e na campaña que arredor do 10 de Marzo se está a desenvolver en toda Galiza, a situación sociolaboral e económica que sofre o noso país e que define como “altamente preocupante”. Neste sentido, salienta que o desemprego afecta a preto de 250.000 persoas; que o tramo de asalariados que medrou nos últimos anos foi o daqueles que teñen uns ingresos do 50% do SMI e que non chegan aos 2.000 € ao ano e que “non poden ter a consideración de traballadores/as en activo”.
Asembleas e concentracións
- Ferrol
10:00 h. Asemblea Delegados/as
12:00 h. Ofrenda Floral
20:00 h. Manifestación con saída de Eduardo Pondal, a carón do local sindical
- A Coruña:
10:00 h. Asemblea de Delegadas/os no Salón de Actos Edificio Sindical
12:00 h. Concentración diante da Delegación do Goberno.
- Compostela:
18:00 Asemblea de Delegados/as na Faculdade de Políticas
20:00 h. Manifestación con saída da Praza Roxa
- Lugo
10:00h. Asemblea de Delegados/as no Salón de Actos da Casa Sindical
12:00h. Concentración diante da Subdelegación do Goberno de Lugo (Praza de Armanyá)
- Viveiro:
10:00h. Asemblea de Delegados/as no local da CIG de Viveiro
12:00h. Concentración diante dos Xulgados de Viveiro.
- Ourense
Asemblea de Delegadas/os no Salón de Actos da Casa Sindical 11:30 h. Concentración diante da Subdelegación do Goberno.
- Pontevedra:
10:00 h Asemblea de Delegadas/os no Salón de Actos Edificio Sindical
12:00 h Concentración diante da Delegación do Goberno
- Vigo: 20:00 h. Manifestación con saída desde a Doblada