PERTO DE 150.000 HECTáREAS

Galiza perdeu o 10% da superficie agraria útil en só unha década

Este tipo de terreo, a SAU, representa en Galiza apenas o 25% do territorio, unha das superficies máis baixas de Europa.

Agro
photo_camera Agro

Terra tan rica como Galiza non abonda en moitos sitios na contorna, e poucos hai, tamén, que abandonen tanto a súa superficie últil para a agricultura. En apenas 20 anos, de 1985 a 2005, a superficie agraria últil (SAU) do noso país perdeu perto de 150.000 hectáreas. Miles e miles de quilómetros cadrados aptos e acaídos para a tarefa agraria e que son abandonados. A isto enádese que desde 2005 e até agora calcúlase que outras 120 hectáreas segurion ese camiño de abnadono.

En Galiza a superficie agraria últil non chega ao 25% do territorio, o que supón unha das porcentaxes máis baixas de Europa. E iso nun país como o noso cun sectyor primario ligado ao campo importante. Entre 1999 e 2009 abandonouse o 10% da SAU que había en Galiza, segundo manifestou José M. Andrade, director de Fundación Juana de Vega, nunhas xornadas recollidas por Campo Galego..

Entre as máis de 144.000 hectáreas de superficie agraria útil abandonada, os expertos desas xornadas calculan que hai 46.000 hectáreas que son de “máxima aptitude” para a produción agraria. Mais están a monte, sen producir, abandonados.

Comentarios