1% máis rico da poboación española acaparou 40% da riqueza producida en 2017

Un por cento máis rico da poboación do Estado español acaparou 40% da riqueza producida no Estado español mentres que 50% máis pobre apenas foi quen de se repartir 7%. Estes son algúns dos dados que figuran en ‘Premiar o traballo, non á riqueza”, o informe de Oxfam Intermón que vén de ser publicado. Un estudo no que se indica como a crise permitiu que as persoas ricas continúen a acumular fortuna. Entre 2006 e 2015 a riqueza desta elite económica mundial medrou un promedio de 13% ao ano, seis veces máis rápido que os salarios.

O informe indica que entre marzo 2016 e marzo 2017 tivo lugar o maior aumento da historia no número de persoas cuxas fortunas superan os mil millóns de dólares, cun novo ‘milmillonario’ cada dous días. No que atinxe ao Estado español, hai 4 novos ‘multimillonarios’ pasaron a facer parte da lista Forbes e xa son 25.

Oxfam sinala que en termos de renda a recuperación favoreceu 4 veces máis aos ricos que aos pobres. Así, entre 2013 e 2015 de cada 100 euros procedentes do medre económico 29 foron para 10% das rendas máis altas e 8% para 10% máis pobre.

Un elemento chave para entender isto é a precarización do mercado laboral, cun empeoramento de salarios e condicións laborais. No Estado español os beneficios empresariais medraron en 200% en 2016 mentres que o custo laboral por traballador mantense estancado desde 2012.

No Estado español una persoa que cobre o salario mínimo debe traballar 71 anos para atinxir o soldo que obteñen os do tramo salarial máis alto. De 2008 a 2016 as retribucións máis baixas caeron en 15% mentres que as máis altas aumentaron en perto de 16%.

Comentarios