1 de setembro: Ola novo IVE, adeus sanidade universal

Comeza o mes coa entrada en vigor de dúas medidas do goberno Rajoy: A suba do IVE e a eliminación  da tarxeta sanitaria para milleiros de estranxeiros
Comercio en aluguer na Coruña
photo_camera Comercio en aluguer na Coruña

Setembro é, no calendario, un deses meses non precisaente amábeis á vista de moit@s polo que supón de volta ao traballo-escola-rotina e fin das vacacións. E neste ano, a entrada en vigor o día 1, hoxe sábado, de medidas aprobadas no seu momento polo goberno español fan que setembro se poña, coma o seu irmá xaneiro, máis costa arriba que nunca.

O 1 de setembro entra en vigor a suba do IVE, que afecta a unha longa lista de servizos e produtos. Cálculos feitos nestas semanas por diferentes entidades e organismos cifran que ese incremento deste imposto vai supor que as familias galegas pagarán uns 600 euros máis ao ano. O IVE xeral pasa desde hoxe ao 21%, afectando así a eidos como o material escolar (que até o de agora tiña un 4%), servizos sanitarios, funerarios e de peiteado, cultura... (que estaban nun 8%) e auga, teléfono, produtos de hixiene persoal... (18% até este 1 de setembro).

O tipo de IVE coñecido como reducido pasa a un 10%, dous puntos máis. Neste tramo enmárcase desde o transporte até reparacións de vivenda ou óculos e lentes de contacto, entre outros produtos e servizos.

No que atinxe ao IVE superreducido, este mantense nun 4%, onde hai produtos de primeira necesidade (pan, fariña, legumes, ovos...). Mais produtos que antes estaban neste grupo, coo o material escolar, pasan ao IVE xeral,co 21%.

Impacto moi negativo

Colectivos de consuidores ou asociacións de pequenos comerciantes xa advertiron de que a suba do IVE vai ter un ipacto oi negativo nas economías familiares e nas pequenas e edianas empresas, alertando que moitas delas trán que pechar. Mesmo os técnicos do ministerio de Facenda veñen de indicar que o goberno español vai recadar moito menos do previsto con esta suba. Un exemplo está no poís veciño, Portugal, onde o incremento do IVE non implicou unha maior recadación polo estado, mais ben o contrario.

Sanidade

Alén do IVE, este 1 de setembro tamén está marcado pola entrada en vigor de varios eleentos da reforma sanitaria aprobada polo goberno do PP. Así, aqueles estranxeiros que non coticen á seguridade social ou ben non teñan permiso de residencia perderán a tarxeta sanitaria. Diarios españois como El Pais cifran en perto dun millón de tarxetas sanitarias de estranxeiros as que se eliminan desde o 1 de setembro.

Comentarios