@s vogais de AVG-FRUGA inician contactos de cara ás presidencias no Consello Regulador do Viño

As diferentes candidaturas da AGV FRUGA acadaron un total de 5 vogais (1 nas Rías Baixas, 1 en Valdeorras, 2 en Monterrei e 1 da candidatura unitaria da Ribeira Sacra) nas eleccións aos Consellos Reguladores do Viño. Van, logo, iniciar contactos e conversas con outras organizacións de cara a propor nomes para as presidencias dos mesmos.

 

Desde a Asociación Galega de Viticultura (Federación Rural Galega) hai un criterio de apoiar consensos maioritarios nas distintas Denominacións de Orixe onde hai representación: nas Rías Baixas apóstase por unha continuidade no traballo feito ata agora, e pola estabilidade do sector, o que pasa tamén polo autocontrol das produccións; na Ribeira Sacra tamén se apoia a actual xestión, onde a AGV-FRUGA vai participar por primeira vez con presenza directa; na DO Valdeorras apoiará unha presidencia de continuidade coa dirección anterior, que significou a normalización das relacións entre seus integrantes e os grandes proxectos de promoción dos viños da comarca.

En Monterrei a AGV-FRUGA quere artellar un consenso en favor da realización de cambios na xestión da DO para fortalecer os vencellos entre viticultores/as e adegueir@s coa imaxe da zona. E no Ribeiro, no que non hai representación da AGV, se espera tamén unha presidencia que apoie os cambios realizados recentemente polo Consello Regulador, como foi o cambio do regulamento que actualmente ten parado a Consellería de Medio Rural e do Mar.

Comentarios